Entre o luns 16 e o domingo 22 de abril, celebraremos na nosa diocese
a XV Semana da Familia, tanto en parroquias da cidade como nas vilas.
Na nosa parroquia será o xoves ás 20.00 h. na Casa Rectoral.
Intentaremos descubrir como a fe en Xesús, o Fillo de Deus, move
todas as nosas dimensións, relacións e valores. Non só un culto oficial e
estruturado no templo, senón tamén os acontecementos cotiáns da vida en
familia e da vida de cada un dos seus membros.
Son moitos os motivos que que levan as familias a organizar unha
festa: nacementos, vodas, aniversarios, primeiras comuñóns, … ¿Que lugar
deixamos a Xesús nas nosas celebracións familiares?
Invitar a Xesús as nosas celebracións familiares nos leva a Deus, ao
mesmo tempo que celebramos a vida. A celebración convértese nun momento
privilexiado no que o Señor faise presente para acompañar a historia
desa familia.
Aínda naquelas cousas que son tristes, angustiosas, e desconcertantes
podemos dende Xesús ter un motivo de celebración porque El é a nosa
esperanza.
Non podemos esquecer o domingo como día no que celebrar, dun modo
especial, a espiritualidade das familias que reunidas coas outras
familias da comunidade, festexan o dia do Señor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.